O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, abre o prazo de inscrición aos seus 20 campus deportivos de verán.
Dende a Concellería ofrecéselle a veciñanza a oportunidade de gozar dun verán de diversión, depoprte e educación a través de 20 campus deportivos nos que se inclúen novas disciplinas tales como o tenis de mesa, rugby, deportes urbanos e futbol americano. Entre as novidades deste ano, tamén figura unha nova forma de incrición online para a veciñanza: campusdebaiona.es
Coa chegada das vacacións de verán abrese un mundo de posiblidades para os moz@s. No Concello de Baiona, a formación é unha prioridade, por iso ofrecémoslles a oportunidade de gozar dun verán de diversión, depoprte e educación a través de 20 campus deportivos.
CAIXABANK segue apostando polo deporte municipal en Baiona aportando o pago das inscricións aos participantes con dificultades económicas, tras un informe previo dos Servizos Sociais do Concello de Baiona.
O prazo de inscrición está aberto desde o 1 de Xuño.
Xullo: Tenis, Rugby, Loita olímpica, Deportes Náuticos 1, Tenis de mesa, Danza, Fútbol sala, Deportes urbanos, Fútbol, Volei Praia
Agosto: Atlétismo, Multideporte, Ximnasia Rítmica, Baloncesto, Fútbol Americano, Ciclismo, Padel, Patinaxe, Deportes Náuticos 2, Bádminton.
Horario: De 10:00 a 14 horas (Deportes Náuticos tamén ten quenda de tarde)
Recepción dos participantes dende as 9:00hs no lugar de encontro para facilitar a conciliación.
Requisitos de inscricións: Cada inscripción é por unha única persoa e se cumplimentarán todos los datos requeridos.
Pódese facer pago con tarxeta ou ben mediante ingreso bancario, achegandose o xustificante.
Cancelacións / Devolucións
En caso de anulación da inscrición, deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días e o importe a devolver será do 50%
Ofertas do campus*
5 campus a escoller por 200€
10 campus a escoller por 300€
* Non inclúe deportes urbanos nin deportes náuticos
Información: Pavillón Municipal de Deportes/ deportes@baiona.gal/ 986356558
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal