Andrea Pérez González será mañá oficialmente concelleira do Equipo de Goberno do Concello de Baiona. A toma de posesión producirase este xoves, 15 de setembro, no pleno ordinario convocado ás doce da mañá.
Tras a marcha do Concelleiro de Urbanismo, Victor Muñoz Aciñeiras, por cuestións laborais, Pérez González entra no consistorio como titular da Concellería de Deportes, Comercio e Mercado.
Coa incorporación da nova edila, o alcalde reorganizou as áreas de goberno. Con este cambio, o primeiro tenente de alcalde de Baiona, Óscar Martínez Álvarez, modifica parte das súas responsabilidades, pasando a ocuparse tamén da área de urbanismo. Deste xeito, Martínez quedará á fronte da Concellería de Urbanismo, Vías e Obras, Iluminación Pública e Seguridade Cidadá. Tamén verá modificadas as súas responsabilidades Miriam Costas Iriarte, que pasará a área de Deportes á nova concelleira, co que pasará a estar ao cargo en exclusiva da Concellería de Cultura.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, dá a benvida á nova concelleira do equipo de Goberno e destaca que “ Asumir estas responsabilidades nos últimos nove meses desta lexislatura é todo un reto, tanto para ela como para o grupo de goberno, pero que ao mesmo tempo, estou convencido de que coas súas capacidades e co seu compromiso vai poder asumir a súa tarefas sen ningún tipo de problema”.
O resto de concellerías non van experimentar cambios, polo que o equipo de Goberno do Concello de Baiona quedará da seguinte forma, tras o pleno de mañá:
– Concellería de Turismo, Vivenda, Mar e Seguridade Cidadá : Carlos Gómez Prado, Alcalde.
– Concellería de Urbanismo, Vías e Obras, Alumeado público: Óscar Martínez Álvarez, Primeiro Tenente de Alcalde.
– Concellería de Facenda, Organización e Recursos Humanos: Luis Carlos de la Peña Arizaga, Segundo Tenente de Alcalde.
– Concellería de Medio Ambiente e Participación Cidadá: Iago Pereira Moreda, Terceiro Tenente de Alcalde.
– Concellería de Medio Ambiente e Parroquias: Rosa María Domínguez Roda.
– Concellería de Servizos Sociais, Mobilidade e Accesibilidade: Concepción Vara Rodríguez.
– Concellería de Cultura: Miriam Costas Iriarte.
– Concellería de Deportes, Comercio Y Mercado: Andrea Pérez González.
– Concellería de Educación e Emprego: Ósacar Carreño Miniño.
– Concellería de Igualdade, Xuventude e Novas Tecnoloxías: Yasmina Moreira Costas
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal