O acordo recolle que o Concello e a Sociedade Deportiva teñen como fin común o mantemento das instalacións, o impulso ao deporte, a actividade física e a educación integral dos nenos do municipio, polo que resulta acertado establecer “unha colaboración estreita” para conseguir estes obxectivos.
“O apoio aos clubs locais é unha constante na política municipal”, destaca o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña. O rexedor quere agradecer ao Club Erizana a súa potenciación do deporte, a súa dispoñibilidade e colaboración estreita nos eventos deportivos organizados polo concello.
O Concello de Baiona destaca a importancia deste convenio, que supón unha oportunidade para o Erizana C.F. de seguir mellorando de maneira integral e fortalecendo a aposta polo deporte basee.
Na firma tamén estiveron presentes a concelleira de Deportes do Concello de Baiona, Ana Iglesias Rodríguez, así como outros directivos do club baionés.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal