A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza o vindeiro sábado 10 de xuño o XV Torneo Solidario de Tenis Escolar “ONG Axuda ao mundo necesitado” que se disputará nas instalacións do pavillón municipal e no pavillón escolar do CPI Cova Terreña, co obxectivo de reforzar o programa deportivo escolar e a propia escola deportiva municipal de tenis. Poderán participar nenos e nenas repartidos nas categorias Peques, Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín e Infantil.
O torneo, ademais de buscar o propósito lúdico e deportivo, tamén ten unha connotación social un ano máis, xa que todos e todas as participantes farán entrega de alimentos non perecedoiros para ser entregados á ONG local “Axuda ao Mundo Necesitado”.
A competición desenvolverase desde as 9:00 da mañá, horario previsto para confirmar participantes, entrega de dorsais, e ubicación de zonas de xogo, ata as 14:00 horas, momento no que se realizarán a entrega de trofesoa, agasallos a todas as persoas participantes e sorteo de material deportivo.
Para o desenvolvemento do torneo habilitaranse cinco zonas, unha por categoría, contando con dúas pistas de tenis e catro de mini tenis para o seu desenvolvemento.
Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar ou boletín oficial de incrición non Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de deportes@baiona.gal
As prazas son limitadas por rigorosa orde de inscrición. O boletín oficial de inscrición está dispoñible na páxina web do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/cultura/area-deportes/
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal