O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local de Baiona, deseñou un plan especial de tráfico con motivo da XXII edición do Medio Maratón “Gran Bahía Vig-Bay”, que se celebra este domingo 26 de marzo.
O plan entrará en funcionamento ese mesmo día ás 06:00h para a montaxe de infraestructura, cando se procederá a restrinxir a circulación nos viais de acceso ao centro de Baiona e terminará ao redor das 14:00h.
Por iso, faise necesario tomar unhas medidas de seguridade para o bo transcurso da carreira, polo que a Policía Local desenvolveu o seguinte dispositivo en materia de tráfico e mobilidade:
Itinerarios alternativos
A PO-552 que transcorre pola localidade, quedará cortada desde a Glorieta de acceso á autoestrada, situada na Avenida de Sabarís, ata a glorieta de entrada sur á Vila, rotonda do Villa Rosa.
Ante os cortes de circulación que se realizarán ao paso da popular carreira atlética medio Maratón “Gran Bahía Vig-Bay”, recoméndase que os accesos ao centro urbano efectúense da seguinte maneira: Utilización da circunvalación, que conecta directamente a zona de Sabarís con Baredo ou a rotonda do Villa Rosa.
Transporte público
A chegada á Vila da tradicional carreira tamén afectará o transporte público, xa que durante a súa celebración quedarán eliminadas as paradas situadas en Avd. Monterreal, O Burgo, e a Avenida Urbana de Sabarís. A parada de taxis situada na zona do porto pesqueiro que se trasladará a rúa Brasil (Zona dos “Tendales”).
Prohibicións de estacionamento
Por outra banda, ese día quedará prohibido estacionar na zona do porto pesqueiro na rúa Elduayen (punto de meta da carreira), na rúa Alferez Barreiro e na rúa Ramón e Cajal.
O Alcalde, Carlos Gómez prado, sinala que “Desde o Concello de Baiona pedimos prudencia á hora de circular pola zona e pedimos desculpas ás persoas afectadas polas molestias que este evento poida ocasionar que atraerá a un gran número de participantes e persoas ata Baiona”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal