A vila de Baiona se enorgullece de anunciar o peche dunha exitosa tempada de 23 campus deportivos, que contou coa participación de preto de 900 nenos e nenas ao longo das semanas da época estival.
Este verán, os máis pequenos tiveron a oportunidade de gozar dunha ampla variedade de deportes, desde os clásicos como fútbol, baloncesto e tenis, ata opcións menos convencionais como deportes náuticos,xadrez, hóckey herba, danza ,tenis de mesa e un longo etc.
O Concello de Baiona reafirma o seu compromiso co deporte e a conciliación familiar, ofrecendo unha programación que non só fomenta a actividade física, senón que tamén promove valores fundamentais como o traballo en equipo, a disciplina e o respecto.
Grazas á colaboración de numerosos clubs e entidades locais, a oferta de actividades mellorou ano tras ano, convertendo a Baiona nun destino atractivo para o turismo deportivo.
“É un orgullo para nós xerar unha oferta tan rica e variada que vincule aos máis novos cos valores do deporte desde unha idade temperá”, di o alcalde Jesús Vázquez Almuiña. “Estamos convencidos de que estas experiencias non só enriquecen aos nenos, senón que tamén fortalecen o tecido social da nosa comunidade”.
Co peche destes campus, Baiona posiciónase como un referente na promoción do deporte e a conciliación familiar, convidando as familias a seguir gozando dunha contorna saudable e activa. A vila prepárase agora para sacar a oferta deportiva do curso escolar.