
O porto pesqueiro de Baiona acolleu unha nova edición da tradicional regata de gamelas Villa de Baiona-Gran premio Eurored, dando o pistoletazo de saída das Festas patronais en honra á “Virxe da Anunciada”.
Ao acto asistiron o delegado de deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, o xefe de operacións de Eurored, Raúl Costas, os Concelleiros do Mar e Deportes Joaquín López e Ana Iglesias e o Alcalde Jesús Vázquez Almuiña.
Jorge Rodríguez Vicente e Abel Lomba foron os gañadores na categoría masculina, veciños da Guarda, a segunda posición foi para os tamén Guardeses Damián Alonso Alonso e Óscar Alonso Alonso e o terceiro podio para David Lago Nogueira e Iago Torres Lago de Nigrán.
As campioas femininas foron Nuria Domínguez Asensio e María Cristina González Álvarez veciñas de Tuy, as guardesas Esther Dorado Acevedo e Tania Dorado Acevedo ocuparon a segunda posición e o terceiro podio foi para Carmen Carracedo Videra e Sofía González Barros de Chapela.
Desde o Concello considérase importante manter viva outro ano máis esta tradicional regata, única proba a nivel nacional e cun especial valor sentimental e cultural para a vila, dada a importancia que tivo a embarcación como sustento de moitas familias mariñeiras.
Concello de Baiona





