O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, celebra o vindeiro domingo 20 de agosto unha nova edición de “Andar e Correr”, a carreira pedestre popular que é un referente da programación estival e deportiva na área metropolitana de Vigo e na comarca do Val Miñor. O prazo de inscrición para esta tradicional cita deportiva por Baiona está aberto ata o vindeiro martes 15 de agosto a través da páxina web “Baiona co Deporte”: https://baionacodeporte.gal/es/page/andar-e-correr?fbclid=IwAR2HibMtISuJGkNhi8mC5Vr7xfgsShb5NgmOfiAZfwUc47IdhnfC0cC267k
Ata hoxe ás 23:59h, 9 de agosto, as inscricións de todas aquelas persoas adultas (2010 e anteiores) que disputen a proba de 10 km ten un prezo de 5 euros. A partir do 10 de agosto o prezo é de 10euros.
Asímismo, nesta edición 2023, e xa van XXXVIII, a Concellería de Deportes do Concello de Baiona puxo en marchauna campaña específica a pié de rúa de captación e potenciación desta tradiconal proba baionesa: Nesta edición deuse un paso máis aló na procura de novos participantes para o que se realizará unha campaña a pé de rúa . A xa tradicional promoción municipal da carreira, compleméntase con esta rechamante acción na que se están repartindo adhesivos cun código QR, que leva directamente a través do teléfono ao formulario de inscrición, polo Casco Lanuxe e polas rúas da localidade para animar aos viandantes para participar no evento deportivo.
A cita será, o domingo 20 de agosto, un evento imprescindible que se consolidou no calendario de carreiras populares de Galicia. Unha carreira que terá como epicentro de saída das distintas categorías o parque de “A Palma” e que no seu tramo máis longo transcorre polo Camiño Portugués da Costa nun percorrido de 10 quilómetros, onde os atletas pasarán por monumentos emblemáticos como o Cruceiro da Santísima Trindade, Santa Liberata, a subida de San Antón, Baredo para regresar polo Rompeolas ao emblemático parque baionés.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, que presentou a semana pasada a carreira xunto a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, xunto con varios deportistas que levan anos disputando esta tradicional proba baionesa destacou “o total compromiso do actual Equipo de Goberno Municipal co Deporte e a aposta firme do alcalde, pola promoción da práctica deportiva e os hábitos de vida saudables, para o que son imprescindibles seguir incentivando este tipo de probas con tan ampla tradición como ten a nosa carreira pedestre popular”.
Neste sentido, remarcou que se trata de “a carreira decana en Baiona” e lembrou a participación como corredores en varias edicións de destacados deportistas, mostrando a súa satisfacción porque o 20 de agosto volverán ter a sorte de poñerse un ano máis o dorsal e participar na carreira xunto cos centos de cidadáns anónimos que con ilusión enfróntanse a esta proba. La Carrera pedestre Popular “Andar e Correr” de Baiona contou durante toda a súa historia con participantes como Carlos Pérez, atleta recoñecido deportista e 3 veces olímpico (que competiu nos 5 continentes ou Loreto Rodríguez Martínez,baionesa participante do Club Atletismo Baiona, así como outros deportistas do Club Atletismo Baiona e do Club Runnig Baiona, que son “contrasinal do deporte baionés”.
Moitos deles achegáronse a semana pasada ao momento de saída da carreira, a entrada do Parador de Baiona, para apoiar coa súa presenza a presentación da proba. Tamén viñeron á presentación os nenos e nenas do Campus de Atletismo e da Escola de Running de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal