
O vindeiro domingo 9 de marzo celebrarase no pavillón municipal de Baiona unha xornada de portas abertas de voleibol.
É unha colaboración entre o concello de Baiona e o Club Esteliña do Val co fin dar a coñecer este deporte e fomentar a súa práctica, ademais, súmase o club voleibol Vigo que estará presente por medio de varios xogadores da Superliga 2.
Está xornada está aberta a pequenos e grandes, sen importar a idade ou o nivel. A partir das 11 horas faranse partidos de 2 contra 2 e 4 contra 4 cos participantes de 10 a 18 anos. A partir das 12:15 será a quenda para os maiores de 18 anos.
Tamén nos acompañarán varios técnicos do club que terán un espazo para traballar a técnica básica cos que queiran vir probar sen ningún coñecemento. Así mesmo, reservamos un espazo para ensinar en pantalla unhas nocións básicas das normas e táctica.
Se queres vir probar podes inscribirche no pavillón de Baiona ou a través do Club Estreliña do Val antes do 6 de marzo no pavillón Municipal de Deportes de Baiona, a través do correo deportes@baiona.gal ou o teléfono 986356558.
Concello de Baiona





