O domingo, 20 de outubro, a contorna do antigo Campo de fútbol de Santa Marta será o escenario que acolla a XXV Edición do Cros Escolar do Val Miñor, coas categorías desde chupete até xuvenil e con distintas saídas.
Desde a concellaría de Deportes do Concello de Baiona convídase os colexios da comarca está a participar nesta proba nesta data tan especial, o seu vinte e cinco aniversario. A inscrición pode facerse no pavillón de Baiona, nos centros escolares ou a través do correo deportes@baiona.gal
A proba deportiva é organizada conxuntamente pola concellaría de Deportes do Concello de Baiona, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia a través do o seu programa deportivo escolar Xogade.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal