
Baiona xa acolleu este congreso por primeira vez en España no ano 2005, tamén no Parador, e naquela ocasión contou coa presenza do actual alcalde, D. Jesús Vázquez Almuiña.
O ISEF2025, reúne en Baiona a investigadoras e investigadores de todo o mundo, que dedican o seu labor ao estudo e aplicación dos campos electromagnéticos, un ámbito de enorme transcendencia científica e tecnolóxica, con repercusións directas, en sectores tan diversos como a enerxía, as telecomunicacións, a mobilidade ou a saúde entre outros.
A celebración deste simposio, auspiciado pola Asociación Internacional ISEF, non só achega un gran valor, ao intercambio académico e ao avance da investigación, senón que converte, durante estes días a Baiona, en capital internacional deste campo do coñecemento. Contribuíndo a reforzar, a imaxe de Baiona como destino de excelencia para a celebración de congresos internacionais, unindo ciencia, cultura e patrimonio nun mesmo marco.
Os integrantes foron recibidos polo equipo de goberno no edificio do Concello gozando dunha visita guiada polo mesmo destacando as peculiaridades do inmoble.
Desde o Concello de Baiona agradecemos a confianza dun equipo que decidiron repetir visita ao noso Parador de Turismo, onde saben que serán acollidos coma se estivesen na súa propia casa e poderán gozar do clima, a gastronomía e do resto de encantos da nosa Villa.
Concello de Baiona





