A fachada do Concello de Baiona iluminouse este xoves, 28 de setembro, de cor azul con motivo do Día Marítimo Mundial.
Desde as concellerías do Mar e Economía Azul queremos lembrar a importancia de coidar os nosos océanos. Non pode haber crecemento económico sen sustentabilidade social e ambiental. A pesca e o turismo son para Baiona motores imprescindibles por iso esta noite o concello foi iluminado de azul con motivo desta celebración.