
Más de 180 escolares dos centros CEIP Belesar,CEIP Fontes e o IES 1° de Marzo, foron os protagonistas da última xornada de traballo colectiva do futuro mural da Doca en Baiona.
Foi unha actividade que comezou á primeira hora do pasado venres cun percorrido pola península de Monte Boi realizando un estudo sobre os elementos históricos que forman parte da mesma e na que está situada a Doca, da que se explicou as distintas etapas da súa construción e a necesidade da súa existencia como protección e abrigo á vila mariñeira, idea que foi plasmada por arquitectos que o Rey Felipe V mandara a Baiona para coñecer as súas necesidades.
Seguidamente, completaron a actividade cun xantar de traballo no salón medieval do Parador Conde de Gondomar, onde cada escolar redacto unha carta co seu desexo e punto de vista sobre o mural da Doca, datos que serán entregados ao artista que realice o mural.
Desde a Fundación Sabadell, o Concello de Baiona e Portos de Galicia, valoran dunha forma especial esta xornada cos máis novos sendo o colofón a todos os distintos encontros que se realizaron ao longo destes meses cos distintos colectivos, entidades e veciños da Vila.
O alcalde Jesús Vázquez Almuiña pechou o evento visitando aos alumnos durante a xornada, expresándolles a súa satisfacción e transmitíndolles que seguirán sendo parte do proceso e da inauguración do mesmo, xa que como futuro de Baiona, crearán o futuro da Doca.
Concello de Baiona





