Hai unhas semanas tivo lugar no Multiusos do Mercado de Sabarís a 2° edición da Feira de Ciencia ” Val Miñor é Ciencia”, que foi visitada pola Concelleira de Educación,Nuria Leyenda, o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar e o Concelleiro de Urbanismo, José Ángel Bahamonde.
A feira recolle unha serie de actividades encamiñadas á divulgación da Ciencia,con especial atención ao alumnado dos Centros Educativos da contorna e a público adulto.
O evento foi organizado polos Centros Educativos IES Primeiro de Marzo (Baiona) e IES Val Miñor (Nigrán) coa colaboración dos Concellos de Baiona e Nigrán.
Pola mañá 236 alumnos e alumnas procedentes dos Centros CEP Sabarís, CEIP Plurilingüe de Belesar, CPI Cova Terreña, IES
Primeiro de Marzo, CEIP Humberto Juanes, CEIP A Cruz de Camos e IES Val Miñor visitaron os stands da feira onde o alumnado do Club de Ciencia e do STEMbach do IES Primeiro de Marzo ofreceulles unha escolma de experimentos e proxectos representativos que se están a levar a cabo no Centro.
Pola tarde, abriuse a exposición as familias, repetiuse a exhibición de experimentos por parte do alumnado e a partir das 18:00 horas procedeuse a exposición dos proxectos STEMbach do Val Miñor.
Por último as 20:00 horas, tivo lugar a conferencia por parte de Fernando Valladares co titulo “Ciencia e activismo, o reto da Xuventude ante o cambio global”.