A Concellería de Xuventude, ao fronte de Yasmina Moreira, e a Concellería de Educación, ao fronte de Óscar Carreño, comunican que a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Baiona informa de que xa está aberto o prazo de bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional ata o próximo 12 de maio de 2022.
Desde a OMIX avísase de que as Bolsas MEC para cursar estudos postobrigatorios chega con catro meses de adianto. O motivo, segundo fontes de Educación, é que así os estudantes poden coñecer se cumpren cos requisitos económicos ao formalizar a matrícula.
As bolsas concédense para estudos de FP, Bacharelato e Idiomas, así como estudos universitarios de Grao e Máster e para alumnos con necesidades especiais.
A OMIX de Baiona ponse ao dispor daquelas persoas interesadas en recibir máis información ou aquelas que necesiten axuda coa tramitación das solicitudes. Poderán poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Información Xuvenil no teléfono 986385921 ou no correo xuventude@baiona.gal
Desde a páxina de bolsas do Ministerio convídase os estudantes a solicitar as axudas dentro deste prazo, aínda que non saiban aínda o que van estudar, e mesmo aínda que non saiban se van estudar ou non. «Nun primeiro momento solicitaránselles algúns datos provisionais que poderán modificar máis adiante», explican desde o Ministerio de Educación nun comunicado.
Con respecto á nota de corte para acceder a estas axudas mantense nun 5. Tamén será así para os másteres non habilitantes.
Máis información na seguinte ligazón:
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal