O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, percorreu os centros municipais de primaria para entregar persoalmente a cada un dos alumnos e alumnas baioneses un exemplar do libro “Un paseo por Baiona”. O rexedor aproveitou a mañá de fin de curso para visitar o CEIP Belesar, CEP Sabarís, CEIP Fontes-Baíña e CPI Cova Terreña, todos centros de Baiona nos que se imparte educación primaria, en total repartíronse 516 exemplares.
O alumnado recibiu moi ilusionado o agasallo do Concello de Baiona. Tamén se depositaron exemplares do conto nas distintas bibliotecas dos colexios.
As artífices do libro son o grupo de fusión de arte do Val Miñor “Solaina”, composto pola escritora Soledad García, a ilustradora Laine Villero e a deseñadora Natalia Guisande a quen desde o consisistorio baionés encargouse para realizar o conto guía “Un paseo por Baiona”. Os actos de presentación do libro desenvolveranse nos xardíns da Casa da Navegación a partir das 18 h da tarde o vindeiro martes, 28 de xuño, nunha xornada máxica onde lucirá o amarelo. Pois a data de presentación está moi próxima ao Día Amarelo, o día máis feliz do ano, o día do Solsticio de Verán. Desde o Concello de Baiona convídase a todas as nenas e nenos de Baiona a gozar desta bonita actividade.
A escritora Soledad García maniféstanos “o entusiasmo deste traballo para sensibilizar á poboación e especialmente ás nenas e nenos do Val Miñor da importancia de coidar da nosa riqueza ambiental e en especial dos garranos que campan desde fai miles de anos na Serra dá Groba. Este último traballo de Solaina ten un forte impacto ambiental para a protección dos garranos e o medioambiente”.
Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “O libro ”Un paseo por Baiona” convida os lectores a descubrir Baiona desde un punto ambiental e turístico. Trátase duns exemplares ideados para que o público infantil e familiar coñezan de primeira man a riqueza natural, paisaxística e cultural que ofrece a localidade desde un punto de vista lúdico. No conto fanse distintas paradas polo noso municipio nas que os máis pequenos poderán descubrir nosos marabillo recursos”.
Así mesmo, “Os nenos e nenas aos que lles entregamos o libro serán adultos do futuro comprometidos coa nosa contorna. Entre todos temos que sumar forzas para protexer nosa patrimonio e conservalo das agresións á nosa natureza”. Estes actos súmanse a unha semana feliz, positiva e creativa do Concello de Baiona para despedir a primavera e dar comezo ao verán nos colexios do municipio. Os asistentes gozarán dunha Desde o Concello de Baiona anímase a todos os asistentes a vir vestidos de amarelo.
Sinopsis:
Sinopse Un paseo por Baiona:
Un percorrido por Baiona convertido en conto. Un pequeno garrano da Serra da Groba, chamado Artai, esperta unha mañá a carón dunha estraña árbore que ocupa o lugar do seu amigo Quer, o carballo que o arrolaba polas noites. A partir de aí buscará pola costa de Baiona, xunto ao boi Breogán, quen o axude a salvalo.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal