Un curso académico así como a correspondente realización do exame grao B1 de inglés, é a línea de bolsas que porá en marcha este curso escolar por primeira vez o goberno local en colaboración coa academia local “Royal Celtic Bay English Language School”, á fronte de Loreto Valenzuela Leyenda. O proxecto está dirixido ao alumnado que proceda de familias sen os recursos suficientes “para que estuden o idioma”.
O Concello de Baiona, a través da Concellaría de Servizos Sociais, á fronte de Conchy Vara, rubricou un convenio de colaboración coa academia local, centro examinador de referencia do inglés do Trinity College London. Este proxecto pioneiro ten como obxectivo o acceso ao estudo deste idioma á cidadanía.
Consciente de que o coñecemento do inglés converteuse nunha ferramenta fundamental para atopar emprego, créase a este novo capítulo de bolsas, que ten como finalidade o fomentar o nivel de coñecemento da lingua inglesa.
O seguimento do cumprimento do convenio realizarase por parte da responsable do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Baiona. Así mesmo, da selección das persoas beneficiarias ocuparase a Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Baiona.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca que “desde o primeiro momento no que nos sentamos a falar da iniciativa, as dúas partes puxéronse de acordo e puxéronse a traballar para que isto puidésese levar adiante. Agradezo enormemente a implicación de Loreto Valenzuela Leyenda, directora do centro de estudos “Royal Celtic Bay English Language School”, neste proxecto pioneiro. É moi satisfactorio que unha entidade privada se envorque desta maneira cos veciños e veciñas do municipio”.
O rexedor sinala que “é a primeira vez que en Baiona se asina un acordo desta característica. O legado máis importante que podemos dar aos nenos e nenas é a súa educación, así que este curso escolar o goberno local aposta para que ese alumnado que teña menos recursos para financiar ese proceso de estudo teña a posibilidade. Nunca antes impulsouse este tipo de cooperación, por iso apostei por este convenio que fomenta a aprendizaxe de inglés, un idioma importantísimo para o futuro da nosa cidadanía máis nova e máis vivindo nunha localidade como Baiona, que recibe persoas de moitas nacionalidades” finalizou o rexedor.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal