
A Xefatura Territorial de Pontevedra, ( Xunta de Galicia) inicia as obras de mellora na cuberta do ximnasio do CEP Sabarís a través da solicitude da Concellaría de Educación do Concello de Baiona e da Dirección Escolar, debido ás filtracións de auga pluviais no interior do ximnasio que foi renovado hai meses polo Concello de Baiona.
Xa se fixo unha primeira intervención por parte de Xefatura Territorial para solucionar esta incidencia en decembro do 2023 a través dun sistema de impermeabilización pero con esta segunda intervención preténdese mellorar por completo a incidencia para asegurar a utilización do ximnasio con máis seguridade e comodidade por parte do alumnado do CEP Sabarís e para a realización de actividades extraescolares.
A obra consta en cubrir a zona afectada da cuberta do ximnasio e a fachada da primeira planta do edificio escolar para evitar así as filtracións de auga e humidade.
Concello de Baiona





