
O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez González acompañado da Delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, do Patron Maior da Cofradia de Baiona, Roberto Cabral e do Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e o seu equipo de concelleiros, inauguraron esta mañá a estatua colocada no paseo Pinzón doada pola Conselleria de Educación aos veciños de Baiona.
É unha obra en pedra calcaria cun peso que rolda o 1.600kg, realizada por Manuel Tosar Asorey, un alumno da antiga “escola de canteiros de Poio”, hoxe CIFP de cantería de Galicia, dependente da Conselleria de Educación.
A obra que reflicte un puñado de percebes, especie que na real Villa ten unha relevancia especial pola súa tradición mariñeira na súa recolección, queda situada mirando á península de monte boi, illas ronseis e as serralleiras en homenaxe aos homes e mulleres que co seu esforzo e valentía contribúen a enriquecer a nosa terra.
A confraría de pescadores de Baiona é a encargada de xestionar as poboacións de percebes nos territorios que transcorren o litoral de Nigran, Baiona e Oia, sendo o maior produtor da especie nas rías baixas ocupando un posto predominante entre as entidades con maior facturación por comercialización e sendo a confraría cun dos mellores prezos medios na primeira venda, proporcionando ingresos estables aos colectivos implicados e representando así o 40% da facturación da lonxa de Baiona e a especie que máis beneficios reparte no colectivo.
Desde o Concello de Baiona agradecemos a entrega deste monumento á Concelleria de Educacion que simboliza o irmandamento de Baiona coa tradición dos seus veciños percebeiros poñendo en valor o risco que supón para eles calquera día do seu duro traballo.
Concello de Baiona





