
O prazo de matrícula está aberto ata o 31 de xullo, polo que se recomenda a todas as persoas interesadas formalizar a inscrición canto antes e de forma presencial no propio centro educativo.
Este ciclo formativo ofrece unha oportunidade para aqueles mozos que teñan interese no ámbito social, cultural e turístico, cunha formación práctica e enfocada ao mundo laboral.
Desde o centro lembran que a animación sociocultural é unha saída con múltiples aplicacións en hoteis, entidades culturais, residencias, centros de tempo libre, campamentos e actividades turísticas.
Para máis información hai que dirixirse ao IES Primeiro de Marzo a través do seu número de teléfono 886110127 ou do seu correo electrónico ies.primeiro.marzo@edu.xunta.gal
Concello de Baiona





