A programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, ” Novembro Lila”, continúa coas súas actividades.
A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, acercouse hoxe ata o CPI Cova Terreña para coñecer o obradoiro “Afiidades Diversas” e acompañar a Anne Malgogne Dumesnil “Amadu”, Brigitte Darras Dit “Bivan”, Fabbienne Alliou – Lucas, son as artistas francesas que xunto coa artista baionesa Irene Silva, están a impartir ao longo da xornada de hoxe una serie de obradoiros para o alumnado de 1º da ESO neste colexio baionés. A delegación francesa de artistas de Pornic e artista baionesa tratan con este obradorio de dar visibilidade oa traballo das mulleres artistas que ao longo da historia da arte virou o seu traballo invisibilizado. Os obradoiros tamén conta con una parte práctica no que o alumnado deixa voar a súa imaxinación.
Este ano a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona vai aproveitar o aniversario co irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada de artistas francesas, as cales forman parte da programación, non só expoñendo as súas pezas, senón que tamén dirixen estes obradoiros para o alumnado dos centros educativos de Baiona.
Entre as actividades estrela desta edición 2022 atópase a exposición e o encotro cas artistas “Afinidades divesas” que se inaugurá mañá as 19:00h no Multiusos Mercado de Sabarís. Anne Malgogne Dumesnil “Amodu”, Brigitte Darras Dit “Bivan”, Fabbienne Alliou – Lucas, son as artistas francesas que xunto as artistas baionesas Irene Silva, Mar Caldas e Elvira Jardón exporán o seus traballos ata o 27 de novembro no Multiúsos Mercado de Sabarís, podendo visitarse os sábados de 16:30h a 19:00h e os domingos de 16:30h a 19:30h, unha oportunidade moi valiosa para tecer lazos e traballar en proxectos comúns no futuro. (Para visitas grupais concertar cita no teléfono 620065056)
O “ Novembro Lila” é un programa deseñado para dar visibilidade á secuela da violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que abarcará todo o mes de novembro e contará cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal