Baiona continúa coa renovación da iluminación pública do municipio, un proxecto impulsado desde a Concellaría de Iluminación Publico do Concello, que como explica o concelleiro Óscar Martínez “está a supor a renovación da luminaria eléctrica da iluminación pública do municipio cun cambio a tecnoloxía LED. Co obxecto de mellorar a súa eficiencia enerxética e conseguir un maior aforro nas facturas eléctricas”.
Aos traballos de mellora realizados en Baredo a semana pasada súmanse os que se están levando a cabo no viario de acceso ao encoro de Baíña onde se substitúen 33 luminarias con consumo de 70W de sodio por un consumo unitario de 30 W LED. Os traballos están consistindo na substitución das luminarias coa subministración e montaxe de lámpadas LED, mantendo a columna ou brazo existente, así como as melloras nas instalacións eléctricas cando sexan necesarias.
As obras da iluminación desenvolvidas nestes días con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e realizados por persoal do concello.
Entre as vantaxes da luminaria LED atópanse que é que este tipo de lámpadas ten unha vida útil maior, aproximadamente 50.000 horas, reduce a pegada de carbono nun 50% e a nova luminaria é 100% reciclable. A renovación da iluminación tamén vai redundar na calidade da iluminación pública do municipio, aumentando os niveis de iluminación, mellorando a uniformidade media de servizo e a calidade cromática da luz.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal