O Concello de Baiona informa de que dende a Concellería de Emprego e Educación do Concello de Baiona en colaboración co Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo- A Guarda vai a realizar unha Xornada Informativa e de Orientación sobre o Sector do Mar para o vindeiro 30 de setembro de 2022 en horario de 10.00 a 11.30 no centro Multiusos “Angel Bedriñana” situado na Rúa Carabela Pinta de Baiona.
En dita xornada preténdese ofrecer unha visión ampla e en detalle, dende un punto de vista técnico e profesional, sobre as oportunidades e nicho de traballo existentes no sector do mar aos que poderían acceder aquelas persoas desempregadas do territorio que, quizáis descoñezan esta información ou non a coñezan polo miúdo. Os obxectivos concretos son:
1.- Dar a coñecer as saídas profesionais no sector do mar, sobre todo as relacionadas con oficios propios do mar e aquelas para as que non son precisos nin requisito ter unha titulación académica específica, como un Ciclo de Formación Profesional ou un Grao Universitario.
2.- Poñer en valor os postos de traballo do sector primario do mar e outros vencellados que poden dar cabida a persoas en situación de desemprego.
3.- Achegar información sobre como e onde conseguir certos carnés ou títulos para acceder un posto/oficio no sector da pesca (pesca ou marisqueo)
Calquera dúbida pode informarse no teléfono 986 35 64 10 ou no mail: tecnico.emprego@baiona.gal
Aquelas persoas interesadas deberan cubrir a instancia anexa a continuación e presentala no rexistro do concello ou enviala o seguinte mail tecnico.emprego@baiona.gal:
Solicitude Participación Xornada Informativa e de Orientación do Sector do Mar
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal