O Multiusos “Ángel Bedriñana”situado na Rúa Carabela Pinta de Baiona acolleu está mañá unha Xornada Informativa e de Orientación sobre o Sector do Mar. Unha colaboración entre o Concello de Baiona e o Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Ría de Vigo- A Guarda”.
Nesta xornada ofreceuse unha visión ampla e en detalle, dende un punto de vista técnico e profesional, sobre as oportunidades e nicho de traballo existentes no sector do mar aos que poderán acceder aquelas persoas desempregadas do territorio que, quizáis descoñezan esta información ou non a coñezan polo miúdo. Os obxectivos concretos foron:
1.- Dar a coñecer as saídas profesionais no sector do mar, sobre todo as relacionadas con oficios propios do mar e aquelas para as que non son precisos nin requisito ter unha titulación académica específica, como un Ciclo de Formación Profesional ou un Grao Universitario.
2.- Poñer en valor os postos de traballo do sector primario do mar e outros vencellados que poden dar cabida a persoas en situación de desemprego.
3.- Achegar información sobre como e onde conseguir certos carnés ou títulos para acceder un posto/oficio no sector da pesca (pesca ou marisqueo)
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal