O Concello de Baiona ofrece un curso gratuíto de “Carretilla Elevadora” encadrado no plan formativo municipal que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral e incrementar as oportunidades para acceder ao mercado laboral dos veciños e veciñas do municipio.
A Concellería de Emprego do Concello de Baiona, consciente da necesidade de realizar un itinerario formativo teórico práctico dirixido a mellorar as posibilidades de inserción laboral no sector industrial e de comercio e en aqueles sectores relacionados coa loxística e os sistemas de produción propón a realización desta actividade formativa cunha carga lectiva de 15 horas para a obtención da formación teórico para o manexo de carretillas elevadoras. O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de febreiro
A actividade formativa conta con 15 prazas e está dirixida as persoas desempregadas maiores de edad inscritas no servizo público de emprego do municipio de Baiona. O curso ten unha duración de 3 días ( un de formación teórica e dous de formación práctica), distribuído da seguinte forma:
Formación teórica : Día 22 de febreiro de 2023 de 9:00 a 14:00 horas.
Lugar: Centro Multiusos Ángel Bedriñana. Rúa carabela Pinta nº 9, entreplanta Baiona, CP 36300.
Formación práctica: Días 23 e 24 de febreiro de 2023 de 9:00 a 14:00horas.
Lugar: Nave de Vilán. Lugar da Iglesia nº 45 Baíña-Baiona, CP 36300.
As persoas interesadas na realización de esta acción formativa poderán consultar as Bases da convocatoria na sede electrónica do concello, no rexistro e na páxina web do concello www. baiona.gal. Debendo presentar a instancia xunto coa documentación recollida nas bases da convocatoria no Rexistro Xeral do Concello de Baiona. Casa do Concello. R/ Lorenzo de la Carrera, 17 (Baiona) ou a través do rexistro electrónico do concello https://baiona.sedelectronica.gal/info.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal