O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o Concelleiro de Emprego, Óscar Carreño Miniño, achegáronse ata o multiusos Ángel Bedriñana para dar a benvida as persoas participantes no Curso de Competencias Clave Nivel 2 que comezou hoxe.
Un total de 15 persoas desempregadas do concello participan nesta formación. O curso ten unha duración ata o 24 de marzo de 2022 e se impartirá nas aulas formativas que ten o concello de Baiona no centro multiusos Angel Bedriñana. Ao finalizar as sesións aquel alumnado que teña completado os diferetes módulos formativos recibirá a titulación acreditativa de las competencias clave nivel 2, mellorando deste xeito a súa cualificación profesional.
A Concellería de Emprego do Concello de Baiona, consciente da necesidade de formar a un porcentaxe importante da poboación do municipio ( que pola súa edade ou situación sociolaboral) non tiveron acceso ou abandoaron a formación conducente a titulación de graduado na ESO, polo que se ven limitadas as súas ferramentas personais para acceder os certificados de profesionalidade de nivel 2 vendo asi mermadas as súas expectativas de mellora da empregabilidade e de inserción laboral pon en marcha este CURSO DE COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 ( competencia en lingua castelá, matemáticas e lingua galega) cunha carga lectiva de 265 horas.
A aposta do Concello de Baiona por este plan formativo municipal ten como obxectivo facilitar a inserción laboral e incrementar as oportunidades para acceder ao mercado laboral dos veciños e veciñas do municipio.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal