A iniciativa “Baiona en Vela”, evento posto en marcha entre a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA) e o Concello de Baiona, regresa á rúa Carabela A Pinta tras o éxito da primeira edición, posta en marcha o pasado verán.
Nesta ocasión trátase da “Edición Primavera” que terá lugar o 27,28 e 29 de maio.
Desde ACEBA e o consistorio animan ás empresas a participar no evento e informan que todas aquelas persoas interesadas en participar co seu negocio polo miúdo deberán solicitar a inscrición nas oficinas de ACEBA ( C/ Ramon e Cajal, 9 – baixo; en horario de luns a venres de 09:30 h a 13:30 h) ou mediante correo electrónico a través da dirección aceba@telefonica.net
O prazo permanecerá aberto ata o próximo 6 de maio.
A elección da rúa Carabela A Pinta débese ao seu ambiente agradable e seguro, onde se aproveitará unha das zonas peonís do Centro Comercial Aberto Baiona Real. Marcos Comesaña, Presidente da asociación, indica que “Desde ACEBA, buscamos que os comercios saquen á rúa os seus produtos coa intención de dinamizar e incentivar o comercio local durante estes días, especialmente nestes tempos duros que atravesa o sector”.
Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez Prado, destaca que “o apoio ao comercio é indispensable para o noso Concello. O sector comercial é un dos principais activos da economía do noso municipio, ademais de ser o sector máis damnificado polos anteriores gobernos. Por tanto, con iniciativas como esta pretendemos incentivar a compra a nivel local ademais dunha aposta clara pola economía circular”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal