Dende o 13 de agosto do 2021 en Baiona estase a desenvolver un novo Programa de Emprego promovido pola Mancomunidade de Concellos do Val Miñor subvencionado a través da Conselleria Emprego e Igualdade e o Fondo Social Europeo (91,89%).
O proxecto ten por nome Pedras do Miñor o alumnado traballador está composto por 16 xóvenes menores de 30 anos ,inscritos previamente no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e distribuidos en dúas especialidades: Albanaleiría e Canteiría. Contaremos coa súa presenza ata o 12 de agosto do próximo ano 2022, durante este tempo dedicarán a súa actividade a formarse e realizar obra mellorando así a súa empregabilidade .
O alumnado de Albanaleiría vaise formar en dous certificados de profesionalide de: Operaciós Auxiliares de Revestimentos Continuos en Construcción e Fabricas de Albanalería.
O alumnado de Canteiría obterá o certificado completo de Colocación de Pedra Natural e a certificación do módulo formativo Elaboracion Artesanal de Obras en Pedra Natural pertencente ao certificado de Obras de Artesanía e Restauración en Pedra Natural.
Entre ambas especialidades realizarán obras en diversos puntos do Val Miñor para o beneficio da poboación en xeral.
En Baiona realizaranse arranxos no paseo do Parador, no enlosado do Aral e nos baños do edificio da praza de abastos.
En Gondomar se realizarán arranxos en lavadouros, prepararase o solado de contenedores de lixo en varias parroquias e se acometerán melloras na accesibilidade aos baños en edificios públicos.
En Nigrán acondicionarase a entorna dos lavadoiros do Sancho na Rabadeira Panxón.