
A finalidade do Programa Talento 45+ é ofrecer unha acción directa ao colectivo de maiores de 45 ata 60 anos (ambos inclusive) que se atopen en situación de desemprego, adaptada ás súas capacidades para que obteñan a formación e/o cualificación necesaria que mellor se adecúe aos requisitos das empresas, de maneira que todo iso conduza á inserción laboral.
O programa componse dun conxunto de accións, deseñadas como un itinerario formativo que achegue a cada participante ao emprego, que parte dun diagnóstico centrado en analizar o punto de partida da persoa participante, cunha formación en competencias dixitais axustada ao seu perfil, e que finaliza cunha análise personalizada sobre as oportunidades que o participante ten no mercado de traballo actual.
Para solicitar a túa incorporación neste Programa escanea o código QR do cartel e segue as instrucións que vai indicando na túa movil.
Concello de Baiona





