O Concello de Baiona ultima os preparativos para o aceso da iluminación de Nadal que está previsto que teña lugar o vindeiro xoves día 5 de decembro na Praza do Concello.
Este dia gozaremos das siguentes actividades:
Ás 19:30h dará comezo o pasacalle da batucada “Lenha Verde” que amenizará o casco antigo e as principais rúas da vila.
Ás 20:30h Pulsarase o botón que acenderá a iluminación de Nadal co que se enchese de luz e cor todo o Municipio.
E para finalizar o acto, sobre as 20:45h comeza o Concerto de música pop do grupo baionés “Os do Barro” que amenizará a velada ata as 22:30h aproximadamente.
Co acto do aceso dará comezo a programación BaiNadal 2024-2025 que gozaremos nestas datas tan sinaladas e que terá o seu broche final coa Gran Cabalgata dos Reis Magos que terá lugar o domingo 5 de xaneiro de 2025.
Concello de Baiona.