
O Concello de Baiona informa da apertura do prazo para a presentación de solicitudes de ocupación de vía pública con motivo da celebración das Festas Patronais da Virxe do Carme, que terán lugar os próximos días 15 e 16 de xullo de 2026 en Baiona.
As autorizacións están destinadas á instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos e atraccións de feira ambulantes durante os dous días de celebración da festa.
As persoas físicas, xurídicas ou entidades interesadas en obter a correspondente autorización para o aproveitamento do dominio público municipal deberán presentar a súa solicitude, xunto coa declaración responsable e a documentación correspondente entre os días 1 e 14 de xuño de 2026, ambos inclusive.
O Alcalde, Jesús Vázquez Almuiña sinala a importancia de regular e organizar a ocupación do espazo público durante unhas datas de gran afluencia de visitantes e actividade festiva, garantindo así o correcto desenvolvemento das celebracións e a convivencia entre participantes, veciños e visitantes.
Toda a información relativa á documentación requirida e ao procedemento de solicitude poderá descargarse da páxina web municipal e para calquera dúbida poden contactar co Departamento de Festexos no teléfono 986385921, ou en cultura@baiona.gal
Concello de Baiona
DECLARACIÓN RESPONSABLE INSTALACIÓNS NAS FESTAS DO CARME 2026
BASES REGULADORAS AUTORIZACIÓN DE INSTALACIÓNS NAS FESTAS PATRONAIS DO CONCELLO DE BAIONA 2026





