A parroquia baionesa de Belesar prepárase para acoller o mércores, o propio día de San Lorenzo o xoves (día 10 de agosto) e o venres, as festas de celebración en honra ao seu patrón.
O mércores 9 de agosto, ás 22:00h comenzarán as festas coa verbena a cargo do grupo “Mar de Arousa” e o trío “La noche de O Grove”.
O xoves, o propio día de San Lorenzo, ás 12:00h terá lugar a Misa Solemne cantada pola coral “San lorenzo de Belesar” na igrexa parroquial seguida da procesión acompañada pola banda de música “Agrupación Musical de Belesar”.
Xa pola noite, a partir das 22:00h será a gran verbena amenizada polo “Trío 3.com” e polo “Grupo Bomba de Canarias”.
O venres, 11 de agosto, ás 17:00 da tardé haberá o tradicional partido de fútbol soleteiros&casados. Ás 22:00h comezará a verbena amenizada polos tríos “Tic Tac” e “Soprano”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal