O Concello de Baiona xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba) e co apoio institucional da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do Plan + Provincias 2024, organizan por noveno ano consecutivo a Ruta Musical “Sons do Casco” dentro da programación Baiverán 2024, co obxectivo fundamental de dinamizar e desestacionalizar a oferta cultural e de ocio baionesa.
Dende as concellerías de Festexos e Comercio de Baiona, damos deste xeito, o pistoletazo de saída á programación estival que abrangue dende xuño ata setembro, no que a Concellería de Festexos, dirixida por Ruth Álvarez González, está perfilando los ultimando os detalles de cara á presentación oficial que en breves días darase a coñecer.
Esta nova edición da ruta musical que terá lugar os días 15 e 16 de xuño, leva consigo unha fin de semana repleto de música en directo no que participarán un total de 16 grupos musicais con diferentes estilos como o jazz, blues, folk, country, flamenco, pop-rock, rock and roll etc. que pretenderán encher de música as 9 prazas e rúas máis emblemáticas e senlleiras do casco histórico baionés como son: Padre Fernando, Ventura Misa, Diego Carmona, Lorenzo de la Carrera, Xogo da Bola, os Xardíns da Casa da Navegación, a Praza Fonte de Zeta, a Alameda Carabela Pinta e a rúa San Xoán.