Baiona celebra a festividade de San Juan. Ás 19:30 da tarde sairá a procesión desde a Capela dedicada ao Santo ata a Igrexa Parroquial acompañada polo Grupo de Gaitas “A Seneira” de Baiona. Ás 20:00h comezará a Misa Solemne cantada polo Coro Parroquial, e tras a súa celebración, a imaxe recollerase de novo na súa Capela.
O barrio baionés de San Juan atópase moi ilusionado ante esta celebración.
Ás 10:00h haberá misa na capela do santo.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal