O Burgo-Baíña prepárase para acoller o luns, 14 de agosto, e o martes, festivio día 15, as festas de celebración en honra a Santa Marta.
O luns ás 20:00h comenzarán as festas co concerto do coro de homes “Voces Baionaesas”. Ás 21:00h terá lugar a verbena a cardo do “Trío élite” e o grupo “Rock Q’ Mola”.
Ás 00:00h haberá unha gran tirada de fogos artificiáis y de lucería a cargo da pirotecnia Argimiro Alborés.
O martes festivo, a xornada comezará pola mañá co percorrido polos distintos lugares da parroquia da Charanga “Nova Cubana” a partir das 10:00h.
A Misa Solemne será ás 12:30h na Capela de Santa Marta seguida da procesión.
En canto aos actos relixiosos as misas comezarán o martes ás 8:00 da mañá e habera misas continuas ás 9:00, 10:00, 11:00. Xa pola tarde, as misas serán ás 18:00, 19:00 e ás 20:00h.
Xa pola noite, a partir das 21:00h, será a gran verbena amenizada polo duo “California” y e polo trío“ Luces de Bohemia”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal