O Concello de Baiona, a través de Concellería de Mocidade, organiza por primeira vez no municipio o “Día da Xuventude” baixo o nome de “Mocidade Fest”. A actividade estarán destinadas aos máis novos da localidade e celebrarase o vindeiro mércores 23 de agosto na praza do Concello de Baiona. A partir das 20:00h este punto do Casco Vello baionés acollerá as actuacións de Ganjahr Family, Dj Diego Mariño e o baionés DJ Yaggo.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal