O Concello de Baiona abre o prazo para a presentación de solicitudes de venda ambulante durante a Festa do Mel e as Noces que se celebrará os próximos 25 e 26 de setembro co motivo da Romaría de San Cosme e San Damián.
Nos distintos postos de venda ofertaranse produtos do campo, comida, artesanía ou plantas poderán instalarse este ano nunha nova edición da Festa do Mel e das Noces de Baiona, organizada pola Concellería de Festexos para manter viva as tradicións e costumes da Vila durante a Romaría de San Cosme e San Damián.
O 25 e o 26 de setembro, este último festivo local en Baiona, ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecerán os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.
Durante dous días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía etc. O mercado estenderase tamén por cálea Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.
Ademais, o mercado será amenizado coas actuacións de grupos folclóricos, pandeireteiras e pasacalles.
En canto á adxudicación das autorizacións, unha vez terminado o prazo de instancias, procederase á concesión dos posto e a información será publicada na páxina web municipal www.baiona.gal.
O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destaca que “O Goberno local profunda na súa aposta pola potenciación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio con dous días cheos de programación. Se aposta pola liña de posta en valor do arraigamento desta tradicional festa. Trátase dunha celebración que suma legado e vangarda vinculada ao ámbito tradicional por iso desde o Concello de Baiona envorcámonos coa nosa romaría manténdoa como festivo local”.
O prazo de solicitudes pecharase o próximo 19 de setembro. As solicitudes deberán presentarse na data indicada por rexistro de entrada do Concello en horario de 9:00-14:00 h, ou pola Sede electrónica (www.baiona.gal ).
Para máis información poñerse en contacto no número de teléfono 986 385 921)
A continuación, pode descargarse as bases da convocatoria e a solicitude de participación:
Bases e solicitude de participación Romería de San Cosme e San Damián 2024
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal