A zona vella de Baiona acollerá este sábado 16 de novembro de 2024, un tradicional magosto popular. O evento terá lugar na carpa instalada na praza do Concello a partir das 18:30h, e está organizado polo Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona(ACEBA).
Para a ocasión degustaranse 240 quilos de castañas totalmente gratuítas, así que desde a casa do concello anímase a toda a cidadanía a participar neste evento lúdico e a degustar as tradicionais castañas asadas típicas do tempo de “San Martiño”.
Ademais, esta celebración contará este ano cunha zona gastro onde a castaña será o ingrediente estrela.
A celebración deste magosto popular servirá como punto de reunión da veciñanza e posta en valor dun costume ancestral como é a festa tradicional do magosto.
Concello de Baiona