
O Concello de Baiona informa de que, con motivo da celebración da Festa da Anunciada 2026, poñerase en marcha un dispositivo especial de seguridade e regulación do tráfico que permanecerá activo desde as 23:30 horas do sábado 1 de agosto ata as 00:30 horas do domingo 2 de agosto de 2026.
Durante o horario do operativo procederase ao corte total do tráfico rodado na estrada PO-552, no tramo comprendido entre a rotonda do Porto Pesqueiro (PK 16,400) e a rotonda de Villarosa (PK 17,000), situada á altura da intersección coa estrada EP-2202.
O acceso ao Club Náutico Monterreal, ao aparcamento da Palma e ao Parador realizarase exclusivamente a través de Baredo e da rotonda de Villa Rosa.
Os desvíos de tráfico realizaranse a través das estradas EP-2201 (subida a Bahiña), EP-2202 (subida á Roca), EP-2203 (subida a Baredo), así como por outros viais secundarios.
Así mesmo, solicítase a colaboración dos bañistas para que deixen libre a praia Ribeira antes das 18:00 horas do sábado 1 de agosto, co fin de facilitar a instalación do espectáculo pirotécnico por parte da empresa responsable dos fogos artificiais.
O Concello de Baiona agradece de antemán a colaboración e comprensión de veciños e visitantes, fundamentais para garantir o bo desenvolvemento da Festa da Anunciada e a seguridade viaria de todos os usuarios.
Concello de Baiona





