
Gayoso e Madonna? Benetton e o Entroido en Cabo de Cruz? A transcendencia e os chocapics? Unha hora de humor absurdo onde non faltan referencias á vida cotiá, feito coa enerxía dunha muller brava nada á beira do mar.
“O peor que che pode facer alguén é chamarche normal”, dixéralle unha vez unha gran amiga. E así é. A meta de Diana Sieira, ademais de facer rir ao público, é sempre tentar marcar a diferenza. “Para o demais xa están os demais”, como ela mesma afirma. (Ou quizais o dicía antes Amizades Perigosas?). Debe ser por isto que unha das “marcas da casa” son as súas coñecidas cancións cómicas.
Este espectáculo entra dentro do marco da Subvención Rede Cultura non Camiño – AGADIC- Xunta de Galicia e celébrase o domingo día 27 de xullo ás 22:30 na praza do Concello.
Concello de Baiona





