
O Concello de Baiona abre o prazo para presentar as solicitudes de autorización de instalación de postos de venda ambulante con motivo da Romaría de San Cosme e San Damián 2025.
Este ano a Romaría terá lugar durante o xoves 25 e venres 26 de setembro (festivo local en Baiona) e os postos situaranse ao longo da rúa Marqués de Quintanar e na contorna da praza de Santa Liberata.
Entre os produtos a venda poderemos atopar produtos do campo como mel, noces, cosmética natural, rosquillas, queixos, embutidos, pobo, garrapiñadas, algodón de azucre, churros, doces, bixutería, coiro, xoguetes artesáns, marionetas, cerámica, antigüidades e libros de segunda man entre outros.
O prazo estará aberto desde o 8 ao 19 de setembro de 2025 @ambos os dous incluso todas as persoas interesadas poderán cubrir tanto a solicitude como o anexo I (declaración responsable) e por rexistro de entrada no Concello ou ben por sede electrónica.
Concello de Baiona





