
O Concello de Baiona abre o prazo para presentar as solicitudes de autorización de instalación de postos de venda ambulante con motivo da Romaría de Santo Cosme e Santo Damián 2026 .
Este ano a Romaría terá lugar durante o venres 25 (festivo local en Baiona) e sábado 26 de setembro e os postos situaranse ao longo da rúa Marqués de Quintanar e na contorna da praza de Santa Liberata.
Entre os produtos a venda poderemos atopar produtos do campo como mel, noces, cosmética natural, rosquillas, queixos, embutidos, pobo, garrapiñadas, algodón de azucre, churros, doces, bixutería, coiro, xoguetes artesáns, marionetas, cerámica, antigüidades e libros de segunda man entre outros.
O prazo estará aberto desde hoxe, 25 de agosto, ao 7 de setembro de 2026 ambos os incluídos e todas as persoas interesadas poderán cubrir tanto a solicitude como o anexo I (declaración responsable) e entregalo por rexistro de entrada no Concello ou ben por sede electrónica.
Concello de Baiona
BASES ROMARÍA SAN COSME E SAN DAMIÁN 2026
Solicitude de autorización posto de venda ambulante Romaría de San Cosme e San Damián 2026
Declaración responsable instalación posto de venda Romaría de San Cosme e San Damián 2026





