O mércores, 25 de setembro, e o xoves 26, festivo local, Baiona celebra da Romaría de San Cosme e San Damián.
Os veciños e veciñas poden participar na contorna de Santa Liberata nalgún dos cultos que se celebran en honra aos santos, gozar das actuacións musicais ou ben para participar no tradicional mercadillo de froitos do campo e produtos outonais. Dous dos produtos estrela serán o mel e as noces da comarca.
Estes días ofícianse actos relixiosos na honra dos santos e como obriga a tradición, algúns romeus ofrecen os seus produtos do campo, figuras de cera e donativos en agradecemento polos favores recibidos.
Durante dous días a Praza de Santa Liberata convértese nun mercado onde se poden comprar todo tipo de produtos do campo, desde mel e noces ata froitas, verduras, apeiros de labranza, embutidos do país, produtos cosméticos naturais como xabóns, cremas hidratantes, aceites, plantas ornamentais, antiguallas, artesanía etc. O mercado esténdese tamén por cálea Marqués de Quintanar ata a Glorieta de Colón.
O Concello de Baiona profunda na súa aposta pola potenciación da gran romaría de San Cosme e San Damián no municipio, con dous días de programación.
As actuacións comezan o mércores, ás 18:30h cun pasacalles polo recinto da Asociación Cultural “ A Seneira”. A partir das 20:30h poderase gozar da actuación musical do grupo “Ritmo” na Praza de Santa Liberta.
O xoves 26, festivo local, o grupo de gaitas “Os Trebellos” de Baíña ofrecerá unha actuación no atrio de Santa Liberata ás 13:00h. Ás 17:00h leste mesmo grupo será o encargada de por música co seu pasacalles polo recinto da festa.
“Os Terribles de Donas” amenizarán ás 18:30h co seu pasacalles o recinto da romaría.
ACTOS RELIXIOSOS
En canto aos actos relixiosos, o xoves, día 26 de setembro (festivo local), haberá misas ao longo de todo o día: Ás 08:00 e ás 09:00, na Capela de Santa Liberata. Ás 10:00, 12:00 (misa solemne), 18:00 e 20:00 na Ex-Colexiata de Santa María. A tradicional procesión terá lugar ás 11:00 h acompañada por “Os Trebellos” de Baíña.
O día previo, o mércores 25 de setembro, será o último día da novena ás 19:00h na Capela de Santa Liberata. Na Ex-Colexiata de Santa María haberá misa ás 18:00h e ás 20:00h.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal