O xoves 31 de outubro ás 11:30 horas a Praza de Abastos de Baiona acollerá un taller de comida sanguenta.
A carpa instalada na praza do concello estará decorada para esta ocasión coa temática destas datas ampliándose onde se poderá gozar dunha tarde/noite de actividades enfocadas a todos as idades.
A partir das 17:00 horas poderase gozar de diversos xogos e pintacaras de medio; de laboratorios de bebidas…e de moita diversión terrorífica. Estarán dispoñibles photocalls terroríficos, elaborados por concelleiros das distintas áreas e voluntarios; creados a partir da reutilización e reciclaxe de materiais.
O Concello de Baiona, a través das Concellarías de Festexos e Mocidade, ofrecerá todas estas actividades de forma gratuíta. Non faltarán disfraces, sorpresas e moita diversión para toda a familia.
Distintos establecementos da Zona vella colaborarán ofrecendo caramelos para a tradicional ruta de “truco ou trato” entre os máis pequenos do municipio.
O Concello de Baiona a través das concellarías quere dar as grazas aos establecementos participantes por implicarse na celebración desta festividade.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal