Nun escenario inigualable, O Monasteiro deOia, clausurouse está mañá o programa “Con Voz Propia”, unaha actividade posta en marcha pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller.
Unaintervención psicopedagóxica no que a práctica vocal (coral e solista) se utiliza para incrementar o empoderamento das mulleres na que participaron vecinñas do municipio.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, e a directora do CIM de Baiona, Elena Otero, acudiron o acto de clausura no que coñeceron de primeira man o traballo realizado polas participantes a asistiron a un pequeño concerto no que as protagistas foron as mulleres que participaron nesta actiidade de 25 horas de duración.
“Con Voz Propia” desenvolveuse no Cetro Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona ao longo do mes de abril e maio os mércores en horario de mañá . Na metodoloxía estivo previsto o ensino das habilidades de base do canto, utilizando o método de Maga de Voz . Ao mesmo tempo utilizaráronse moitos recursos da musicoterapia, a danzaterapia e a dramaterapia para fomentar a libre expresión o arraigamento e empoderamento do corpo e a voz das participantes. Ademáis se traballou coas letras das para reenfocar a visión do percorrido vital.
A cabalo entre a canto-terapia e a aula de música común, o programa combinou as estratexias propias do ensino convencional do canto co enfoque musicoterapéutico, facendo da expresión musical un vehículo para a expresión emocional,.
Este proxecto parte do presuposto de que a aprendizaxe de canto, como conxunto de técnicas e habilidades vocais e musicais unidas á expresión de emocións auténticas, pode incrementar a seguridade e a confianza, axudando na descuberta e valorización de sí e da/s outra/s, favorecendo a inclusión e mellorando a propia estima e realización.
No acto de clausura tamén particiron veciñas de A Guarda que tamén impartiron este curso neste municipio.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal