A dixitalización e a ruptura da brecha de xénero é un dos eixos nos que se apontoa o programa Galegas Dixitais, que se clausurou esta semana no Multiusos Ángel Bedriñana de Baiona.
O programa ofreceu un itinerario formativo deseñado para ir avanzando desde un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, incluíuse un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.
A acción formativa “Galegas Dixitais”, un programa de formación para a dixitalización das mulleres, coa que colaborou a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona.
O programa , organizado por Beproyect Consultores e Ara Formación, está financiado polos Fondos europeos Next Generation EU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Ministerio de Educación e Educación Profesional. O principal obxectivo é mellorar as capacidades dixitais de mulleres que se atopan en situacion de desemprego ou en mellora de emprego . Preténdese favorecer a capacidade de empregabilidade, impulsar o emprendemento e desenvolvemento rural e reducir a fenda de xénero .
A formación estivo agrupada nos seguintes bloques temáticos:
Competencias dixitais básicas con 40 horas de duración.
Competencias dixitais avanzadas con 40 horas de duración.
Competencias dixitais para o emprendemento con 40 horas de duración.
O programa viuse desenvolvendo dende primeiros de febreiro de luns a venres horario de 9:00 a 14:00 horas no centro cultural Angel Bedriñana. Xunto co material didáctico e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías tras a formación, e co obxectivo de facer posible o uso das novas tecnoloxías, as alumnas participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil co que poderán por en práctica o aprendido.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal