Baiona iniciou hoxe o programa de Conciliación no que participan 34 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos esta semana Santa. Unha iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona a través do Centro Municipal de Información á Muller, que cumple unha dobre función: promover a conciliación da vida familiar e laboral e ao mesmo tempo facilitar un espazo educativo e de entretemento para os nenos e nenas, favorecendo o seu desenvolvemento integral. A actividade é cofinanciada pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2023(Liña 2).
Así, o 3, 4,5 e 10 de abril de 2023 no CPI Cova Terreña os nenos e nenas participantes poderán gozar coas numerosas e variadas actividades organizadas, que incluírán desde xogos ata talleres e manualidades.
O programa de Conciliación Semana Santa 2023 tivo unha gran acollida entre as familias do municipio.
A Concelleira de Igualdade do Concello de Baiona, Yasmina Moreira Costas, realizou unha visita esta mañá ao colexio dónde se está a celebrar o programa.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal