Os nenos e nenas da Escola de Verán do Concello de Baiona cuxo programa se desenvolve no CPI Cova Terreña, acudiron á praza de abastos da vila acompañados polas súas monitoras, polo Alcalde, Carlos Gómez, e a concelleira de igualdade, Yasmina Moreira. Os participantes no programa de conciliación coñeceron de primeira man as características do mercado municipal e os produtos e servizos que alí se ofertan. Moi atentos e atentas asistiron ás explicacións dos propios comerciantes que alí teñen os seus negocios. Os curiosos visitantes fixeron preguntas en grao sumo interesantes aos placeiros e placeiras. Mesmo participaron nunha cata improvisada de queixos para coñecer o produto local.
Esta actividade está enmarcada na programación da escola que deseñou un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente organizado para que os máis pequenos e pequenas gocen do verán e coñezan distintos lugares da localidade na que residen. Semanalmente está programa unha saída, esta semana foi a quenda de coñecer a praza e o seu funcionamento, e ao longo destas semanas visitarán o museo flotante da Carabela Pinta, a Casa da Navegación….
A Escola de Verana do Concello de Baiona, foi organizada, pola Concellaría de Igualdade, e ten como obxectivo xeral “ facilitar ás familias do municipio un recurso para conciliar a vida laboral, persoal e familiar, establecendo un servizo sociocomunitario que mellore a calidade de de vida do territorio, potenciando ademais a optimización de recursos a través da utilización dos centros educativos municipais fose do horario lectivo”.
A escola de verán está subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade , no marco da RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade,pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidadeslocais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, deforma individual e mediante o sistema de xestión compartida
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal