A Concellería de Igualdade realizará un”escape room” de igualdade e prevención da violencia de xénero polo Casco Vello de Baiona o sábado 9 de abril as 16:30. “ Rexeita o Maltrato” é unha acción que para persoas maiores de 12 anos. Este tipo de xogo mental en equipo foi deseñado con este fin coeducativo dentro da programación “Primavera Lila”. A Concellería abre o prazo para presentar a solicitude de inscrición o xoves 10 de marzo ata o luns 21 de marzo ámbolos dous incluídos.
Un “escape room” educativo é unha técnica de xogo que consiste en enfrontar aos participantes a unha situación imaxinaria de peche. Estes organízanse en grupos de tres ou cinco participantes, dispoñendo cada equipo dunha caixa co material necesario para realizar as diferentes probas e obter a súa “liberación”. A actividade recrea unha contorna chea de pistas, crebacabezas ou enigmas que van resolvendo co seu enxeño e coa información fornecida durante o xogo (un audio cunha voz en off que está a soar en bucle durante a proba).
“Trátase dun tipo de xogo moi popular sobre todo entre as persoas mozas e que os engancha desde o principio. É moi interesante porque por unha banda as persoas participantes aprenden a traballar en equipo e, por outra,se lle . Desta forma, mesturando a parte informativa e a dimensión lúdica, os contidos chegan máis á poboación”, explicou a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas.
A Concellería de Igualdade convocou a escape room baixo o título « Rexeita o Maltrato» co obxectivo de “concienciar á poboación sobre o modelo de relación social entre homes e mulleres”, segundo comenta a concelleira.
Esta actividade desenvolverase o sábado 9 de abril ás 16:30 na praza do Concello de Baiona . A edil de Igualdade sinala que esta escape room forma parte da programación “Primavera Lila” que entre os meses de marzo e maio levará a cabo toda unha serie de actividades que foran parte desta programación que co 8 de marzo como escenario, a concelleira, lembra “a importancia que ten traballar a diario en favor da igualdade en base a políticas que ofrezan respaldo a mulleres como as que se recollen no Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Baiona 2019-2023.” Accións que sexan tamén extensivas a toda a cidadanía porque “ a igualdade é cousa de toda unha sociedade” e é preciso traballar en conxunto con estratexias que abarquen a todas as idades e colectivos, con accións específicas para cada sector “e que todas teñan un fío condutor, unha sociedade comprometida coa igualdade”, finaliza Moreira Costas.
A actividade é gratuíta, subvencionada cos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, no marco da Resolución do 8 de setembro de 2021 da Secretaria de Estado de Igualdade de transferencias para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia deXénero para o exercizo 2021.
Solicitude de inscrición e prazo
As persoas interesadas en participar na actividade deberán presentar o anexo I, xunto a documentación que se require nestas bases no rexistro do Concello de Baiona, ou a través da sede electrónica do Concello de Baiona dende o xoves 10 de marzo ata o luns 21 de marzo ámbolos dous incluídos. As bases e os anexos correspondentes poden descargarse do tablón virtual ou da páxina web do Concello de Baiona: www.baiona.gal
Para calquera dúbida ou máis información poden contactar de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas no teléfono 690365933 ou solicitar información no enderezo electrónico administrativo.cim@baiona.gal
– BASES E ANEXOS ESCAPE ROOM REXEITA O MALTRATO 2022
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal