A piques estamos de chegar á fin de semana e con ela o comezo de “Elas emprenden: Galería de propostas”. Terá lugar no multiúsos de Sabarís o sábado 2 e domingo 3 de abril e poderase disfrutar de experiencias diversas ofrecidas polas profesionais participantes desta novedosa proposta.
A presentación terá lugar mañá ás 12:30h. O proxecto contempla dous talleres o domingo. Ás 11:00 realizarase un taller “Estampado: Taller de estampación para tódalas idades, as persoas asistentes poderán elaborar unha peza utilizando técnicas básicas de estampación e decoración sobre tela que despois levarán como recordo do proxecto “Elas emprenden”. Pola tarde ás 18:00 terá lugar o taller de “Lettering”:Noelia Muíños e Ramón Quintas, a fronte de PAPELIER, ofrecerán este taller.
Para participar en ambas actividades non é necesaria a inscrición previa basta con presentarse no lugar a hora sinalada.
O programa “ELAS EMPRENDEN” está organizado pola Concellería de Igualdade co centro de información á muller no marco da Primavera Lila, é subvencionado pola Deputación de Pontevedra.
ELAS EMPRENDEN é un escaparate feiral para actividades de empresa lideradas por mulleres que desenvolven o seu traballo no Concello de Baiona principalmente. Os obxectivos entre outros son promover a igualdade de oportunidades, darlle visibilidade ao talento do liderado feminino, xerar oportunidades de promoción e recoñecemento ás protagonistas.
O programa de actividades está aberto ao público en xeral e conta con encontros coas protagonistas, música en directo, talleres, teatro e unha pasarela de moda.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal